Vistas de página en total

martes, junio 19, 2012

Do X Encontro de corais





Unha tarde-noite redonda de polifonía e gastronomía. 
Coa Igrexa nova ata a bandeira as catro corais fixemos gozar a un público entregado que bateu palmas con gañas despois de cada interpretación. Os homes do Orfeón de Curtis gostaron moito coa fermosa "Os teus ollos",  a Coral de Calo fíxonos arrepiar co "Compañeiro" de Fuxan Os Ventos  e os de Pontedeume  bordaron a habanera "Tú, mi barco y el mar".
Nós, a Coral Xan Mella, tributamos un merecido homenaxe ao mestre Rey Rivero (falecido o pasado abril) principiando con "Terra Meiga" e rematando con "Jardín de ensueño" e estreamos o bolero "Sabor a mi" que gustou moito pola excelente afinación e a riqueza de matices.
Despois... unha pantagruélica cea coa presencia dos alcaldes de Zas e de Curtis cun exquisito "estofadillo" cociñado por Maruja de Costa. E de postre o queixo que nos trouxeron os amigos de Curtis, denominación de orixe, que estaba exquisito.
Non faltaron as cantigas de sobremesa e tampouco as gaitas.
Moitas grazas aos noso amigos de Curtis, Calo e Pontedeume. Foi unha estupenda velada polifónico-gastronómica.

No hay comentarios: