Vistas de página en total

lunes, mayo 07, 2012

Do concerto en Curtis





Estaban "avisados": se non o facían tan ben coma sempre... quedaban unha noite en Teixeiro a pensión completa. Pero cumpliron, vaia se cumpliron.
A pesares de ir algo escasos de efectivos (faltaban oito voces) o concerto do pasado sábado en Curtis foi todo un éxito e fomos moi felicitados e apaludidos tanto polo numeroso público asistente como polos membros das outras corais participantes (Guitiriz, Melide, Arzúa e os anfitrións).
O público gustou das nosas interpetacións de Lela, María La portuguesa, Terra Meiga, California dreamin e bateu palmas con moitas ganas ao compás de Katiusha.
De remate un pincheo pantagruélico onde non faltaron o queixo de Arzúa-Curtis nin as cantigas de sobremesa.
Moitas grazas a todas as corais coas que compartimos unha boa tarde de música e amizade, sobre todo aos organizadores do Orfeón de Curtis aos que escoitaremos moi pronto en Baio.

No hay comentarios: