De
inesquecible podemos cualificar a xornada do sábado pasado por terras leonesas
convidados polos amigos da coral Ecos de Bergida de Cacabelos aos que devolvíamos visita.
Pola
mañá visitamos o espazo da Moncloa de San Lázaro e, despois de comer estupendamente
no Restaurante El Gato, visitamos as instalacións da Bodega Palacio
de Canedo onde fomos recibidos polo propietario Jose Luis Prada e
convidados a unhas copiñas de “Xamprada”.
E
ás 19:30 concerto nunha Igrexa de Santa María ateigada de xente. Principiaron
os anfitrións que nos deleitaron con habaneras, cancións bercianas, polifonía
litúrxica e remataron cunha moi boa interpretación do tema galego “O voso
galo comadre”.
Nós
presentamos un programa ecléctico de polifonía litúrxica, panxoliñas, cantigas
galegas, habaneras e folclore internacional e rematamos coa tradicional “Katiusha”
co público en pe, entregado e batendo palmas pedindo outra máis E non nos
fixemos de rogar: repetimos o “Ave María no morro”.
Despois
da actuación e antes da cea fomos convidados a un clarete Mencía nun dos
lugares máis antigos de Cacabelos “La bodega de Niño”, acompañados polo grupo musical “Alma Jarana”que
nos agasallou cuns boleros.
E despois pantagruélica cea-baile na que non
faltaron as cantigas de sobremesa (co
acompañamento da Rondalla Terra del Ouro) nin
o viño do Bierzo.
Moitas
grazas aos nosos amigos de Cacabelos e especialmente á súa presidenta Eva
Gabaldón por un día que está escrito con letras de ouro na historia da
coral. Volveremos!
E
xa estamos cos preparativos do XIV Memorial Pepe Valiña que celebraremos na Igrexa nova de
Baio o sábado 16 de decembro ás 9 da noite. Esperámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario